Publicacións

FESTA DA PRIMAVERA

Imaxe
Pinchade na foto para ver o vídeo da Festa da primavera Seareira

ANIVERSARIOS DO SEGUNDO TRIMESTRE

Imaxe
PARABÉNS A OLIVER, SAÚL, MARA, ELIA, ADRIÁN E SOFÍA.

21 DÍAS EN GALEGO

Imaxe
Participemos tod@s na campaña dos 21 días en galego!

2 DE ABRIL: UN BARCO NO QUE CABEN TOD@S

Imaxe
"Un barco no que caben tod@s" é o título da instalación artística que realizamos no colexio de Seara polo Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo e que podedes ver nos Xardíns do Concello. O alumnado de sexto curso foi o encargado de realizala e quedoulles espectacular. No resto das aulas realizamos xogos para desenvolver a empatía, a confianza e a capacidade de poñerse no lugar do outro, para favorecer o desenvolvemento da intelixencia emocional e as habilidades sociais, así como desenvolver a escoita activa e a comunicación. Pinchando na foto iredes ao blog da Biblioteca e do Equipo de Dinamización Lingüística onde podedes ver o vídeo coas fotos do desenvolvemento das actividades e coa emotiva canción que as rapazas de 5º curso cantan ao final.

CHARLA SOBRE FAUNA MARIÑA

Imaxe
Seguimos a aprender sobre animais mariños con Yoli, unha oceónagrafa titulada en Ciencias do Mar. Falounos de moitas especies mariñas, centrándose principalmente nas da Ría de Vigo.

8 DE MARZO

Imaxe
O alumnado de 1º gañou o primeiro premio do concurso de carteis escolares e lemas polo 8M, o Día Internacional da Muller, convocado pola Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia. Este é o cartel gañador feito cun collage de distintas técnicas e materiais e co lema "Remando cara a Igualdade". Abaixo podedes ver un video da elaboración do cartel e varias fotos do evento Xeración 8M en Santiago

CANCIÓN POLO 8 DE MARZO

Imaxe
Polo Día Internacional da Muller agasallámosvos con esta canción que ten unha mensaxe apoderadora e de moita forza.