2 DE ABRIL: UN BARCO NO QUE CABEN TOD@S

"Un barco no que caben tod@s" é o título da instalación artística que realizamos no colexio de Seara polo Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo e que podedes ver nos Xardíns do Concello. O alumnado de sexto curso foi o encargado de realizala e quedoulles espectacular. No resto das aulas realizamos xogos para desenvolver a empatía, a confianza e a capacidade de poñerse no lugar do outro, para favorecer o desenvolvemento da intelixencia emocional e as habilidades sociais, así como desenvolver a escoita activa e a comunicación.

Pinchando na foto iredes ao blog da Biblioteca e do Equipo de Dinamización Lingüística onde podedes ver o vídeo coas fotos do desenvolvemento das actividades e coa emotiva canción que as rapazas de 5º curso cantan ao final.

Comentarios