A cativada de 1º curso aprendeu sobre os animais da Ría de Vigo con videos e coas fichas que vedes abaixo. Ademais resumiu as súas aprendizaxes nun lapbook ou caderno desplegable.
Os nenos e nenas de primeiro gravaron dous programas con Digochiño, un raposo moi curioso, que vive en galego. Nos videos inferiores, ademais de cantar e bailar a canción de Digochiño, ensínannos palabras do mar e animais da ría de Vigo.