Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2023

DESCUBRIMOS A RÍA: O POLBO

Imaxe
Estes días estivemos aprendendo cousiñas sobre os polbos. E incluso fixemos a nosa propia manualidade. Videos educativos: O polbo Planet Doc: o polbo 

XOGOS NA AULA

Imaxe

DÍA MUNDIAL DAS PRAIAS

Imaxe
Con motivo do Día Mundial das Praias organizamos unha saída para gozar da preciosa contorna que rodea o colexio e limpar a praia da Xunqueira, poñendo así o noso gran de area para o coidado da natureza e o medioambiente.

BENVIDOS A PRIMEIRO!

Imaxe
Os primeiros días de colexio son sempre moi emocionantes, Ademais este curso coñeciamos a novos compañeiros e compañeiras. Así que tocaba presentación de cada un e visita guiada polo cole. Descubrimos tamén que o proxecto anual do cole está relacionado coa Ría de Vigo e a súa contorna, e que se titula: "Descubrimos a Ría".  Para introducir o tema pintamos uns preciosos colgantes de cunchas e fixemos un mural coas cousas que sabemos que hai na ría de Vigo: como a ponte de Rande, todo tipo de peixes, polbos, ameixas, barcos, bateas... e ata tesouros afundidos. O noso mural: Así de bonitos quedaron os colgantes: