Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2024

CHARLA SOBRE FAUNA MARIÑA

Imaxe
Seguimos a aprender sobre animais mariños con Yoli, unha oceónagrafa titulada en Ciencias do Mar. Falounos de moitas especies mariñas, centrándose principalmente nas da Ría de Vigo.

8 DE MARZO

Imaxe
O alumnado de 1º gañou o primeiro premio do concurso de carteis escolares e lemas polo 8M, o Día Internacional da Muller, convocado pola Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia. Este é o cartel gañador feito cun collage de distintas técnicas e materiais e co lema "Remando cara a Igualdade". Abaixo podedes ver un video da elaboración do cartel e varias fotos do evento Xeración 8M en Santiago

CANCIÓN POLO 8 DE MARZO

Imaxe
Polo Día Internacional da Muller agasallámosvos con esta canción que ten unha mensaxe apoderadora e de moita forza.

EDUCACIÓN BUCODENTAL

Imaxe
Hoxe contamos coa visita dunha odontóloga, Ana, que nos deu unha charla lúdica sobre hixiene e saúde bucodental. Foi moi interesante. Moitas grazas, Ana!