Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2024

APADRIÑAMENTOS LECTORES POLO DÍA DO LIBRO

Imaxe
 No Día do Libro fixemos a hora de lectura no patio cuns padriños lectores marabillosos: os nenos e nenas de 5º curso. Gustounos moito, moitas grazas!

CONCIENCIACIÓN SOBRE ENFERMIDADES RARAS CON FEGEREC

Imaxe
Coa visita dos representantes da Federación Galega de Enfermidades Raras (FEGEREC) e a través da historia de Federito, un trevo de catro follas que se sinte diferente aos demais, os nenos e nenas de 1º ciclo empatizaron coas persoas que sofren enfermidades raras.

O XOGO DA MIÑOCA

Imaxe
A través do Xogo da Miñoca o alumnado de 1º curso aprendeu de forma lúdica como se reciclan os distintos residuos e como se fai o compost.

FESTA DA PRIMAVERA

Imaxe
Pinchade na foto para ver o vídeo da Festa da primavera Seareira

ANIVERSARIO DE ALBA

Imaxe
 

ANIVERSARIOS DO SEGUNDO TRIMESTRE

Imaxe
PARABÉNS A OLIVER, SAÚL, MARA, ELIA, ADRIÁN E SOFÍA.

VISITA AO MUSSEO MASSÓ

Imaxe
 

21 DÍAS EN GALEGO

Imaxe
Participemos tod@s na campaña dos 21 días en galego!

2 DE ABRIL: UN BARCO NO QUE CABEN TOD@S

Imaxe
"Un barco no que caben tod@s" é o título da instalación artística que realizamos no colexio de Seara polo Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo e que podedes ver nos Xardíns do Concello. O alumnado de sexto curso foi o encargado de realizala e quedoulles espectacular. No resto das aulas realizamos xogos para desenvolver a empatía, a confianza e a capacidade de poñerse no lugar do outro, para favorecer o desenvolvemento da intelixencia emocional e as habilidades sociais, así como desenvolver a escoita activa e a comunicación. Pinchando na foto iredes ao blog da Biblioteca e do Equipo de Dinamización Lingüística onde podedes ver o vídeo coas fotos do desenvolvemento das actividades e coa emotiva canción que as rapazas de 5º curso cantan ao final.